A organización do Máster en Innovación Cultural e Xestión de Industrias Creativas do Instituto de Formación Financiera y Empresarial (IFFE) situado en Oleiros, A Coruña, anuncia novidades de interese:
Por unha parte, e grazas á mediación dun grupo de entidades colaboradoras, o prezo final da matrícula poderá ter un desconto de ata un 33% sobre o prezo oficial, quedando fixado en 4.500 €. Consulte máis información en info@iffe.es ou chamando ó 981654772.
Por outra banda, xa está completo o cadro de profesorado, onde figuran nomes tan relevantes como Fátima Anllo (Directora do Máster en Xestión Cultural da Universidade Complutense de Madrid), Carlos Martins (Coordinador de Guimaraes 2012 e presidente de ADDICT Portugal), Cristina Ortega (Directora do Instituto de Ocio da Universidade de Deusto), Roberto Gómez de la Iglesia (Fundador do Grupo Xabide e de Conexiones Improbables) ou Susana Marques (Consultora da Unión Europea e Directora da empresa portuguesa Setepés).
Entre os docentes galegos o Máster conta coa mellor selección de emprendedores, xestores e profesores universitarios do eido da cultura, tal e como Mar Varela (Xerente do Clúster Audiovisual Galego), Miguel Martín (Ex Director de AGADIC), Encarna Lago (Xerente da Rede de Museos Provinciais de Lugo), Felipe Senén (Ex Director do Museo Arqueolóxico da Coruña), Miguelanxo Prado (Debuxante e Director do Salón do Cómic da Coruña), Natalia Balseiro (Ex Directora do Centro CoreográficoGalego), Manuel Gago (Director de www.culturagalega.org), Juan Creus (Arquitecto e profesor da Universidade da Coruña), Manuel Bragado (Director de Edicións Xerais de Galicia) e un longo etcétera.
Dado que este programa formativo comeza no mes de novembro, o prazo de solicitude de inscricións no Máster en Innovación Cultural e Xestión de Industrias Creativas de IFFE permanecerá aberto durante o mes de outubro.